Site icon Crónica3.com A Mariña

Nomeamento de responsables da Plataforma Ribadeo en Común

Ribadeo, 22 de novembro de 2014.- Trala redacción e publicación do seu Manifesto, e o deseño da súa estrutura organizativa, na asemblea da Plataforma Cidadá Ribadeo en Común do masado martes 18 de novembro tivo lugar a eleccíón dos cargos da organización. A elección realizouse por voto secreto entre todos os asinantes do manifesto, sen que ninguén se propuxese a priori para ningún dos postos.

O resultado foi o seguinte:
Coordinador: Mario Penelo
Secretario: Victor Villar
Tesoureiro: Evaristo Lombardero
Portavicías: Maica López e Iván Rodríguez
Comisión de garantías: Emilio García, Carmen Manzanal, Antonio Gregorio, Mavi Louro, Jon Urbieta.

Os cargos teñen unha duración dun trimestre, repetíndose o proceso ao cabo dese periodo.

Na mesma xuntanza se puxeron en marcha os grupos de traballo que se encargarán de deseñar a estratexia de comunicación, de artellar e promover o proceso participativo coa veciñanza e de debuxar o borrador de proposta programática que será presentado aos veciños para a súa modificación e enriquecemento.

Exit mobile version