Site icon Crónica3.com A Mariña

Novo curso de monitor/a de actividades de tempo libre en Altair Galiza

A Escola de Tempo Libre Altair Galiza impartirá os domingos en Santiago de Compostela e até finais de marzo un curso de MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE (Titulación oficial homologada pola Xunta de Galicia).

O curso comezará o próximo domingo día 23 de novembro e a data límite para inscribirse é o 16 de novembro.

Haberá dous prezos:

-Persoas que se vinculen ao proxecto Altair: 75 €
-Persoas que non se vinculen a Altair: 180 €

O horario será de 09.00 horas a 14.00 e de 15.00 a 20.00 horas. O curso inclúe aloxamento (para casos nos que sexa necesario) e non inclue comidas. O alumnado disporá da cociña para cociñar. A organización disponibilizará para os interesados un servizo de catering con menu do día por 4 €.

A asociación ofrece facilidades de pago (pode pagarse ata en 3 prazos de 40 euros e unha entrada de 60 euros) e un completo e diverso programa de prácticas adaptado ás necesidades do alumnado: ofértanse prácticas en campamentos ou institucións de educación nos tempos libres.

Inscricións en: http://etlaltairgaliza.wordpress.com.

Exit mobile version