Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Foz saca adiante a moción de demanda da cobertura a tempo completo do médico de tarde no centro de saúde

Foz, a 29 de novembro de 2014.- O BNG sacou adiante a moción na que se demandaba á Consellaría de Sanidade a cubrir a baixa do médico de tarde de forma completa pois desde hai tres meses e medio so se cubre tres días á semana.

O alcalde pretendía que parte do cupo, aproximadamente a metade, se lle traspasase ao médico de urxencias que está ata as dez da noite pola semana. Esta proposta non foi aceptada polo BNG como emenda porque non ten nada que ver unha cousa con outra: o médico de tarde é un facultativo que ten os seus usuarios adscritos como calquera outro médico do Centro de Saúde mentres que o médico de urxencias está so para as urxencias que lle xurdan a calquera veciño ou veciña de Foz durante esas horas. Querer mesturar as funcións de ambos médicos traería consigo problemas e unha calidade do servizo peor.

De todas formas para o BNG esta proposta do PP significa unha declaración de intencións que xa nós xa sospeitábamos. A intención de eliminar un médico do Centro de Saúde de Foz por parte da Consellaría de Sanidade na cruzada que está levando a cabo contra a sanidade pública en xeral e a redución de persoal na atención primaria en particular.

Por iso desde o BNG demandamos que o PP se preocupe de cubrir a baixa do médico de tarde Sr. Pavón todos os días da semana e de resolver os problemas que está habendo coa atención médica do substituto da que existen moitas queixas.

Xan Carlos González Basanta
Portavoz municipal do BNG

Exit mobile version