Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro pregunta pola sinalización de Celeiro e outros asuntos de carácter deportivo

Bernardo Fraga Galdo, en nome e representación do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego de Viveiro, conforme á lexislacion vixente, presenta ao Pleno da Corporación Municipal de Viveiro as seguintes:

PREGUNTAS

1. As veciñas e veciños da Rúa Grande en Celeiro, víronse sorprendidos pola colocación de sinais de prohibición de estacionar nas marxes da vía. Na zona entre o acceso a Roufelle e os Catro Camiños a sinalización impide estacionar en ámbalas marxes da rúa, precisamente na zona que conta con máis ancho de vía. Entre o acceso a Roufelle e o Rego da Fonte só no marxe dereito, e na continuación do cruce co Rego da Fonte só no marxe esquerdo. O goberno municipal, na liña habitual, non informou ás veciñas e veciños deste cambio, realizado sen previo aviso, e máis nunha zona onde non existen aparcamentos públicos.

Dende o Grupo Municipal do BNG instamos en varias ocasións ao goberno municipal a realizar un Plan de Tráfico en Celeiro, que resolva a circulación no pobo, sen que se tivera avanzado nada no asunto, é por isto que preguntamos:

¿Ten pensado o Goberno Municipal manter a sinalización actual da rúa? ¿Quen tomou a decisión de modificar a sinalización?¿Existe informe da Policía Municipal sobre o asunto?
¿Ten pensado o Goberno Municipal realizar un Plan de Tráfico en Celeiro?

2. Directivos do Viveiro C.F. puxéronse en contacto con este Grupo Municipal, para trasladarnos a súa preocupación pola situación económica do Club, que consideran de emerxencia. Segundo nos indicaron, tanto o Concelleiro de Deportes como a Alcaldesa son coñecedores desta situación.

Ten outorgado o Goberno Municipal algunha subvención ou axuda ao Viveiro C.F. con cargo ao orzamento de 2014? De non ser así, ten previsto facelo antes de que remate o ano? Se ten previsión de outorgala con cargo aos orzamentos de 2014. En que cuantía?

3. O marcador do pavillón municipal de Deportes, leva varias semanas sen funcionar. Isto provoca problemas no seguimento das competicións deportivas que alí se celebran, así como unha imaxe negativa do noso Concello, cos equipos e seguidores que nos visitan.

¿Ten previsto o goberno municipal, reparar o marcador do Pavillón Municipal? De ser así, cando ten previsto que se faga efectiva dita reparación?

En Viveiro, a 28 de novembro de 2014.

Bernardo Fraga Galdo
Portavoz Municipal do BNG de Viveiro.

Exit mobile version