Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro preguntará no Pleno por varios servizos no municipio

Bernardo Fraga Galdo, en nome e representación do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego de Viveiro, e conforme á lexislación vixente, presenta ó Pleno da Corporación Municipal de Viveiro as seguintes:

PREGUNTAS
1. Fai uns días licitábase un tramo de tubería para o abastecemento de auga na zona de Landrove, considerando que non é suficiente a citada obra. Cando ten previsto o Goberno Municipal por fin definitivamente ós continuos cortes de auga que teñen que sufrir as veciñas e veciños das parroquias de Chavín, Valcarría e San Pedro.

2. No pleno do 31 de xaneiro de 2013, o BNG preguntáballe ao goberno municipal socialista pola glorieta provisional de Verxeles. Hoxe en día, contamos con dúas glorietas provisionais na zona. Pasaron dous anos e naquel momento respondeusenos, que xa estaba o proxecto listo e que a obra custaría uns 20.000 euros. Dende aquel día, nada se volveu a saber, é por isto que repetimos a pregunta:

En Verxeles, na rúa de acceso a estación de Ferrocarril, fai tempo, colocouse unha glorieta provisional. Preguntados polas veciñas e veciños da zona, trasladamos as citadas preguntas á Alcaldía:
Durante canto tempo continuará a a glorieta provisional instalada na zona?
Canto lle costa ao Concello de Viveiro, o aluguer dos elementos separadores existentes?
Cal será á distribución do tráfico definitiva na zona, mediante unha glorieta similar á existente, ou optarase por outro sistema de distribución do tráfico?

3. Veciñas e veciños de Covas, solicitaron en varias ocasións neste Concello a instalación das sinais indicativas de delimitación da Parroquia de Covas, sen que por agora se colocaran. Ten previsto o goberno municipal a súa instalación, de ser así, cando se levará a cabo?

ROGOS
1. Varios veciñas e veciños da zona de Verxeles, manifestan a necesidade da instalación de bolardos nas novas beirrarúas existentes ata a Ponte de Verxeles, debido a que os vehículos estacionan en parte sobre a beirarrúa, o que impide o paso ou obriga a pasar pola estrada.
Rogamos ó equipo de goberno, instale bolardos na citada zona.

2. O campo de fútbol de Celeiro, está nun estado de conservación lamentable, coa herba sen cortar, e sen ningún tipo de atención por parte do Goberno Municipal. Unha inversión tan cuantiosa, non pode quedar perderse pola falta de mantemento, e máis cando o campo dispón dun drenaxe de primeiro nivel, que pode perigar pola falta de atención. Rogamos ao equipo de goberno, que coide o Campo de Fútbol de Celeiro, e o poña ao servizo dos deportistas do noso Concello, e non como ate o de agora para niño de gaivotas.

Exit mobile version