Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG ve difícil entender que os gobernos municipais de Cervo e Burela permitan que os veciños paguen a auga máis cara do país

Cervo, 24 de novembro de 2014.- O BNG insiste en que a veciñanza de Cervo paga as consecuencias dunha segregación do concello de Burela promovida e aprobada polo Partido Popular no goberno da Xunta en 1995. O que serían compensacións pola segregación estana pagando veciñas veciños dos dous concellos xa sexa na devolución de créditos ou con recibos por abastecemento de auga vía recibos, tanto é así que o 50% do pagado por cada m3 de auga consumida vai destinado a pagar a obra e a xestión da empresa concesionaria do servizo.

As contas non cadran e compre saber cando minte a concelleira, nos orzamentos de Cervo ou no que cobra a empresa concesionaria
Aos nacionalistas non lles saen as contas cando, no caso do concello de Cervo, os gastos enerxéticos para abastecemento de auga e saneamento un ano antes da entrada en funcionamento do servizo eran de 40.000 euros anuais, mentres no actual 2014 consígnanse 145.000; “o BNG pregúntase con cal cifra minte a concelleira Pedreira, si co gasto en enerxía consignado ou nos 12.933 que di pagar polo servizo prestado? Na mesma liña, tampouco saen as contas no gasto de explotación do Consorcio adxudicado por dous anos a Espina & Delfín en febreiro de 2013 por un importe de 345.467,24 euros anuais, 22.339 euros menos dos 367.807 que asegura a concelleira Pedreira”.

Desde o BNG tamén explican que de acordo coas actas do Consorcio para fixar a taxa por explotación e abastecemento de auga, os 0,63€/m3 básicos en vivenda, “cóbranse haxa bombeos desde o encoro de Río Covo ou non, si o gasto enerxético é tan baixo como di a concelleira Pedreira, estamos pagando o servizo moi por riba do seu custe real”.

O BNG pídelle á concelleira cervense que aclare o baile de cifras, nós achegamos datos oficiais dos orzamentos de Cervo de 2011 e 2014, así como do BOP Lugo na concesión a Espina & Delfín por explotación do Consorcio. Mentres Pedreira di que lle dixeron, a diferenza págana os e as consumidoras dun servizo que tamén ten queixas por deficiente.

Porque o PP impide en Cervo o que si fixo en Lourenzá
Ademais pídenlle que explique cal é o motivo polo que nega a limpeza do encoro de Rúa contemplado no proxecto inicial como esencial para evitar cuantiosos gastos enerxéticos por bombeos, ou cal é o motivo polo que tenta tapar que a Xunta execute obras de limpeza de lodos nun encoro de abastecemento en Lourenzá, mentres nega o que estaba comprometido no encoro de Rúa comprometido desde 1995.

Exit mobile version