A directiva do Círculo Recreativo Casino de Mondoñedo convoca para o sábado, ás 11.00 horas, unha reunión informativa con carácter aberto. Non é necesario ser socio para acudir ó acto, no que se propoñerá a creación dun comité para as actividades que se realicen nas instalacións. O comité manterase en principio, tras a súa creación, de xeito provisional, e máis adiante redactarase un regulamento polo que se rexerá. Arestora as actividades previstas son clases de bailes de salón, curso de cata de viños, xornadas de arquitectura, curso de restauración de mobles, cine e habituais bailes (fin de ano, Reis, antroido). Tras a creación, será a comisión a encargada de desenvolver as actividades e de suxerir outras.