Site icon Crónica3.com A Mariña

O Cenima acolle dende este venres a exposición “Culturas en diálogo: Lugo – Arxentina”

Este venres, 21 de novembro de 2014, a partir das 17.00 horas, no CENIMA (Centro de Interpretación da Mariña) en Foz, o vicepresidente primeiro de Deputación de Lugo, Antonio Veiga, e o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, inauguran a exposición “Culturas en diálogo: Lugo-Arxentina”, un proxecto da Rede Museística Provincial guiado polos principios da museoloxía social e do diálogo intercultural.

PROGRAMA DO ACTO
-17.00h: Presentación do proxecto “Culturas en diálogo: Lugo-Arxentina” baixo as liñas de museoloxía social e do diálogo intercultural.

-Charla da doutora en Historia Érica Sarmiento da Silva, profesora da Universidade do Estado do Rio de Janeiro e da Maestría da Universidade Salgado de Oliveira, e coordinadora do Laboratório de Estudos de Imigração.

-A emigración nas ondas desde Radio Foz. Conversas ó redor do mate e dun café coa participación daAsociación de Rioplatenses de Lugo, a documentalista Pilar Sanchéz, o artista Xosé Reigosa, a coordinadora do proxecto Encarna Lago, Antonio Veiga, vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo xunto con alumando e profesorado de Artes do I.E.S Monte Castelo de Burela. Esta programación retransmitirase en directo por Radio Foz, pero o acto está aberto ás persoas que se queiran achegar ao CENIMA para compartir as súas experiencias da emigración.

-19.00 horas-Inauguración da exposición por parte de Javier Jorge Castiñeira, alcalde de Foz e Antonio Veiga, vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo.

_____O proxecto de “Museoloxía social. Diálogo Intercultural” denominado CULTURAS EN DIÁLOGO: LUGO-ARXENTINA veuse desenvolvendo ao longo do ano 2014 nos diferentes museos da Rede Museística da Deputación de Lugo coa colaboración de asociacións e persoas vencelladas a diferentes actividades artísticas e culturais de ambas beiras do Atlántico.

Exit mobile version