Site icon Crónica3.com A Mariña

O Centro Comercial Histórico de Viveiro actualiza a súa imaxe corporativa

A Asociación de comerciantes de Viveiro lanza desde este sábado 29 de novembro a actualización da súa imaxe corporativa. Trátase dunha modificación do logo actual, facéndoo máis dinámico e moderno; pero sen perder a súa esencia principal, esa imaxe que todos os clientes asocian ao Centro Comercial de Viveiro. Deste mesmo modo, tamén se realiza un pequeno cambio na nomenclatura, pasándose a utilizar “Centro Comercial Histórico de Viveiro”. Este cambio non ten outro fin que o de dar cabida ós novos negocios que xa forman parte da única asociación de comerciantes que existe en Viveiro, e que fai poucos meses ampliaba o seu ámbito de actuación máis alá do Casco Histórico.

Co novo logotipo preténdese dotar de personalidade visual ó CCA, proxectando unha imaxe máis moderna, actual e dinámica que identifique claramente os comercios que forman parte da Asociación. Isto levará a cambiar nas próximas semanas as placas identificativas dos comercios asociados, dentro do plan de sinaléctica de identificación do Centro Comercial Aberto.

Posteriormente cambiarase a rotulación das traseiras dos autobuses, lonas novas para a carpa, roll ups para presentacións, campañas e eventos, etc. Actualizaranse os perfís das redes sociais e a web; un cambio para adaptarse ós novos tempos, para transmitir o que busca o comercio na etapa actual: unidade e competitividade.

O obxectivo principal da Asociación é poñer en valor as compras no comercio local, onde o trato é persoal, con asesoramento profesional, artigos de calidade e a prezos que poden abarcar todo tipo de petos. Realízanse distintas promocións ó longo de todo o ano, e o que é máis importante, están aquí al lado, sin necesidad de desprazamentos ofrecendo algo que en ningún outro lado te poden ofrecer: un Centro Comercial Aberto que invita a pasear, disfrutar das súas rúas e do aire libre.

Exit mobile version