Site icon Crónica3.com A Mariña

O ciclo de charlas médicas 2014 rematou en Foz falando do alzheimer

charla-alzheimerFoz, 28 de novembro de 2014. O ciclo de charlas médicas 2014, organizado polo Concello de Foz coa colaboración do Hospital da Costa, rematou onte á noite coa intervención do doutor Luis López Díaz. Este especialista en Neuroloxía falou diante dun numeroso público dos síntomas, estadios e prevención da enfermidade de Alzheimer e respondeu a un gran número de preguntas dos asistentes.

O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, agradeceu que un ano máis o Hospital Comarcal da Costa e o seu xerente executivo, Francisco Soriano, contribuíran á organización desta actividade. E aos médicos especialistas deulles as grazas polo seu labor á hora de achegar a información médica e a prevención aos cidadáns. Ademais amosouse esperanzado en que “esta relación tan frutífera continúe nos vindeiros anos para seguir con este ciclo, que é xa un clásico na organización de actividades no mes de novembro por parte do Concello a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC)”.

Exit mobile version