Site icon Crónica3.com A Mariña

O ciclo de charlas médicas organizado polo Concello de Foz e o Hospital da Costa remata este xoves falando de neuroloxía

charla-fozFoz, 26 de novembro de 2014. O ciclo de charlas médicas organizado polo Concello de Foz e o Hospital da Costa rematará este xoves cunha conferencia a cargo do doutor Luis López Díaz, especialista en Neuroloxía, que falará sobre Deterioro cognitivo e envellecemento. Será ás 20:00 horas na Casa da Cultura focense.

Con esta terceira charla pecharase o ciclo, no que interviñeron os xoves anteriores o xerente executivo da área sanitaria, o doutor Francisco Soriano, que falou do presente e futuro do Hospital da Costa; e a doutora Clara Fernández Peña, especialista en Medicina Interna, que abordou as enfermidades asociadas á idade.

Exit mobile version