Site icon Crónica3.com A Mariña

O círculo PODEMOS de Ribadeo aclara que non apoia “ningunha candidatura municipal nin lista electoral ó Concello”

O círculo PODEMOS de Ribadeo, emite o presente comunicado para aclarar algúns comentarios e/ou rumores que poden confundir á opinión pública do concello de Ribadeo.

Ata a data de hoxe, o círculo PODEMOS de Ribadeo non apoia ningunha candidatura municipal nin lista electoral ó concello de Ribadeo, pois aínda ningunha plataforma cidadá nin de outro tipo se puxo en contacto co círculo PODEMOS de Ribadeo para explicar o seu programa nin solicitar o seu apoio.

Se nun futuro algunha candidatura ou plataforma así o fai, o círculo PODEMOS de Ribadeo estudará a proposta e tomará unha resolución ó respecto, comprometéndose a facer pública a súa decisión no menor tempo posible.

En Ribadeo, a 25 de Novembro de 2.014

Exit mobile version