Site icon Crónica3.com A Mariña

O colexio Martínez Otero de Foz enxalza a tradición oral

oral-martinezoteroO Colexio Martínez Otero vén de celebrar, entre o 3 e o 7 de novembro, a Semana da Tradición Oral co obxectivo de achegarlles aos máis pequenos a importancia que a oralidade tivo para o coñecemento humano.

Son moitos os saberes que hoxe en día disfrutamos e que se foron transmitindo de xeración en xeración grazas a relatos, refráns, cantos, lendas, fábulas, mitos ou contos. Nestes últimos centramos a nosa celebración e, desde o EQUIPO DE BIBLIOTECA do centro, organizamos unha sesión de “Contacontos” para o alumnado de infantil e do primeiro ciclo de primaria. Os máis pequenos do Colexio disfrutaron de varios contos que chegaron ata nós grazas ao saber dos nosos avós e para que eles mesmos sexan, nun futuro, quen continúe esta transmisión de coñecementos.

Exit mobile version