En dito encontro tamén se acordou colaborar activamente pola igualdade a través da Asociación, Mujeres en Igualdad, que é un referente na loita activa contra a violencia de xénero e colaborar con distintas entidades sen ánimo de lucro.
A reunión estivo presidida pola número un da Agrupación local xuvenil, Andrea Gil e o rexedor de Burela, José María González Barcia, e nela tamén participaron o presidente presidente de NNXX da provincia de Lugo, Daniel Vega e o coordinador comarcal, Roberto Fernández, quenes se comprometeron a apoiar e colaborar coas ideas postas enriba da mesa así como facer de ponte entre a Dirección provincial e o Comité Local.
Na xuntanza deixouse claro que Novas xeracións é unha agrupación político xuvenil que quere posicionarse como un referente en Burela e na Mariña, colaborando directamente coa xuventude e dando resposta aos seus problemas.