Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela contratará “en breve” as obras de mellora de varias rúas da vila

pleno-burelaBurela, 3 de novembro de 2014. O pleno extraordinario da Corporación Municipal aprobou este luns dúas modificacións extraxudiciais de crédito, unha para iniciar a construción dos vestiarios da Marosa e outra para efectuar melloras en varias rúas da vila.

Segundo explicou o tenente de alcalde e portavoz do Grupo Popular, Manuel Fernández Valle, “esta mañá en pleno extraordinario aprobamos a modificación extraxudicial de créditos para poder levar a cabo dúas obras. Unha delas para poder contratar xa a primeira fase da construción dos vestiarios do campo de herba artificial da Marosa. Nestes traballos investiranse 50.000 euros”. E engadiu: “e a segunda para repoñer, escarificar e aglomerar diversos puntos das vías do centro do noso concello, entre elas as que están más deterioradas, como son a rúa do Río, Álvaro Cunqueiro, a rúa do Campón e uns tramos de Eijo Garay e da avenida da Mariña, entre outras. Neste caso o orzamento a realizar será de 43.000 euros. Estas obras contratarémolas nos próximos días e levaranse a cabo durante este mes e parte do mes que ven”.

O PP aprobou cos seus votos a favor estas modificacións de crédito e os partidos da oposición abstivéronse.

Exit mobile version