Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela felicita ó Dr. Knapp, creador da Escola de Columna, polo premio outorgado pola OMC

knapp-premioBurela, 29 de novembro de 2014. A Organización Médica Colegial (OMC) premiou ao Dr.Knapp, creador da Escuela de Columna, pola súa traxectoria profesional e o Concello burelés quere felicitalo por este motivo.

A concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, e o alcalde de Burela, José Mª González Barcia, felicitan ao Dr. Knapp por este premio ao súa longa traxectoria profesional e ao seu bo facer. O Dr. Knapp pasou por Burela o pasado mes de febreiro para inaugurar a escola de columna do Concello.

Durán lembrou que “hai anos que o Dr. Knapp desenvolveu técnicas que aumentaron a eficacia de algúns tratamentos xa empregados con éxito por escolas alemás. Os exercicios da escola de columna completaron a difícil tarefa de eliminar o dolor nas costas dolorosas. Co conxunto do método Knapp obtéñense hoxe os resultados tan positivos no tratamento – non cirúrxico – dos dolores de costas. Diagnósticos precisos e a combinación de tratamentos médicos e fisioterapéuticos personalizados, resolven hernias de disco, lumbalxias, canal raquídeo estreito, ciáticas, fibromialxias e o síndrome das costas dolorosas”.

Exit mobile version