Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela instalará o vindeiro luns unha mesa informativa no centro de saúde con motivo do Día Mundial da Sida

Burela, 29 de novembro de 2014. O vindeiro luns, 1 de decembro, xornada na que se celebra o Día Mundial da Sida, o Concello instalará unha mesa informativa nas inmediacións do centro de saúde, tal e como xa fixo en anos anteriores. A concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, subliña que “o principal obxectivo desta campaña é a sensibilización da sociedade e o recordo de que a Sida existe e está nas mans de todas e todos tomar medidas de prevención para poder freala”.

A edil popular sinala que “o mesmo luns farase a entrega de premios do XIII Certame de Carteis do Día Mundial da Sida do Concello de Burela. Será a partir das 12:30 do mediodía, a carón da mesa informativa. Neste 2014 haberá premios en dúas categorías: rapaces de 12 a 15 anos e mozos de 16 a 20. E unha categoría especial para membros de Eu Son e da Asociación A Mariña. Os agasallos consistirán na publicación dos debuxos seleccionados por parte do Concello conmemorando o Día Mundial da Sida, así coma na entrega dun premio de 50 euros en cada categoría”.

Exit mobile version