Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo asume o mantemento da principal vía de entrada a San Cibrao “a pesar de ser unha obriga da Deputación”

limpeza-sanciCervo, 26 de novembro de 2014- O Concello iniciou esta semana unha campaña de mantemento e conservación da principal estrada de acceso a San Cibrao, de titularidade da Deputación de Lugo. Cabe destacar que estas tarefas son competencia do Goberno Provincial, que ten a obriga de ter as súas vías en bo estado. Como é habitual, o Concello enviou numerosos escritos a esta administración explicando a situación de perigo e abandono destas estradas, pero que non tiveron efecto.

Así, o Concello decidiu asumir eses traballos cos seus propios recursos, tendo en conta especialmente os problemas de inseguridade e estéticos, tal e como tamén denunciaron xa colectivos veciñais. Hai que destacar que a brigada de obras municipal está levando a cabo tarefas como a roza da maleza que invadía as beirarrúas, pero tamén outras labores de calado, como a limpeza das estradas, que acumulaban grandes cantidades de terra nas súas marxes, ou incluso nos sumidoiros, co obxectivo de evitar balsas de auga ou problemas de circulación durante as enchentes ou temporais.

Uns traballos que “corresponden en realidad al servicio de conservación de carreteras de la Diputación, totalmente ausente en el concello de Cervo”, denuncia a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso, que lembra tamén que “estas tareas en las carreteras provinciales tenemos que compaginarlas con los trabajos en carreteras locales, parques y demás espacios públicos que si son de nuestra competencia”.

“Cuando hablamos de carreteras también tenemos que pensar en todas las personas que caminan o circulan por ellas, en su seguridad, y en los problemas o accidentes que puede causar una vía en mal estado”, engade Alonso, que lamenta “la falta de sensibilidad de la Diputación con esta situación y con los vecinos”.

Exit mobile version