Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Riotorto denuncia que “a Consellería de Sanidade se nega a cubrir a praza médica vacante como demandaba o Pleno da corporación de xeito unánime”

Riotorto, 11 de novembro de 2014. A Consellería de Sanidade négase a aceptar a demanda unánime do pleno da corporación municipal de Riotorto para que se xa cuberta a praza médica vacante no centro de saúde. Deuno a coñecer hoxe o alcalde, Federico Gutiérrez Estoa, despois de recibir unha contestación neste sentido por parte do Servizo Galego de Saúde (Sergas).

“Dende o Concello e dende a Alcaldía valoramos moi negativamente, como non pode ser doutro xeito, a contestación que por parte da xerencia da area sanitaria de Lugo se nos fai a un acordo unánime, de todos os grupos políticos do Concello, aprobado nun pleno a primeiros do mes de outubro. Para nosoutros esta contestación non é aceptable porque pensamos que a nosa demanda é xusta e non podemos renunciar a esta esixencia de que se cubra esta praza médica porque estanos causando trastornos moi importantes na prestación dos servizos médicos aos nosos veciños”, manifestou o rexedor municipal.

Exit mobile version