Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello e os veciños de San Román colaboran para reparar os camiños do Cebadoiro e O Carril

camiño-sanromanCervo, 28 de novembro de 2014- O Concello anunciou este venres que vai reparar dous camiños forestais de San Román. Para iso conta coa colaboración dos veciños, que cederán o material para facer a obra procedente da mina de caolín, situada nesa mesma parroquia. O edil de Zona Rural, José Ramón Soto, acompañado de técnicos municipais, o pedáneo e outros veciños, comprobou o actual estado das pistas así como o inicio das obras. Soto quixo agradecer a todos os veciños de San Román esa colaboración.

En concreto, os traballos realízanse nas vías do Cebadoiro e O Carril, que os veciños utilizan habitualmente xa que percorren algunhas zonas de monte da parroquia. En total, a reparación abarca preto de 3 quilómetros de vías e con ela preténdese dotar ás pistas de máis firmeza para que poidan soportar o paso dos camións da industria da madeira, que circulan frecuentemente por elas. Desta forma, “queremos facer compatible o uso veciñal dos camiños co uso comercial”, engade o edil.

Ademais, Soto explica que o Concello baralla a posibilidade de mellorar os camiños municipais facéndoos máis anchos facilitando así a circulación. Pero para iso é necesario que os propietarios das fincas colindantes colaboren e cedan uns metros dos terreos para uso público.

Exit mobile version