Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello reparte nos centros escolares de Burela 600 exemplares do libro ‘Os Bolechas van á Mariña lucense’

bolechas-burelaBurela, 7 de novembro de 2014. O alcalde, José Mª González Barcia, e a concelleira de Educación, Mónica Pedre, reparten estes días nos dous colexios e na gardería 600 exemplares do libro Os Bolechas van á Mariña lucense.

O rexedor explicou que “estamos distribuíndo nos dous colexios, CEIP Virxe do Carme e CEIP Vista Alegre, e na gardería infantil máis de 600 exemplares do libro Os Bolechas van á Mariña lucense, que foi editado co patrocinio da Mancomunidade de Municipios da Mariña”.

Segundo González Barcia “a intención é promover a lectura e que os nenos accedan a unha edición na que os concellos da Mariña colaboraron de forma conxunta e coa que se intenta dar a coñecer os recursos turísticos da comarca. Confíamos en que a acollida entre os nenos sexa boa tendo en conta que Os Bolechas son moi famosos e moi queridos pola poboación infantil”.

No reparto participan o alcalde, José María González Barcia, a concelleira de Educación, Mónica Pedre, e as representantes do Concello nos consellos escolares dos dous colexios e da gardería.

Exit mobile version