Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo de teatro Lucho estrea este domingo en Barreiros a súa obra ‘Os aparecidos’

Barreiros, 3 de novembro de 2014. Este domingo, 9 de novembro, chega a Barreiros, da man do grupo teatral Teatro Lucho, a obra Os Aparecidos. O acto está patrocinado pola Área de Cultura da Deputación de Lugo, a través do seu proxecto teatral Buxiganga, e nel colabora a Concellería de Cultura e Xuventude de Barreiros. A representación terá lugar a partir das 18.00 horas no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro, con entrada libre e gratuíta ata completar aforo.

A obra de teatro Os Aparecidos encádrase dentro do xénero da zarzuela corta, contando así cunha parte cantada e outra dialogada. A representación pretende poñer de manifesto, en clave de comedia, o covardes que resultan ser os homes aparentemente valentes. Para logralo sitúa a trama na celebración do Día de Defuntos, nun pobo onde o alcalde declara ter visto unha curuxa montada nun burro. Para solucionar o entorto, o rexedor chama a un veciño ateo que non ten medo a nada, pero a situación empeora cando en plena noite aparece en escena un cómico disfrazado de morto mentres o pobo acude á representación do Don Xan Tenorio.

Exit mobile version