Site icon Crónica3.com A Mariña

O Ministerio de Fomento inicia labores de rehabilitación do firme da N-634

Madrid, 21-11-14.- O Ministerio de Fomento iniciou unha serie de labores para a rehabilitación do firme da N-634, no tramo comprendido entre os enlaces da A-8 Mondoñedo PK 536 e A Xesta (Abadín) PK 552.

Os traballos, que xa comezaron, consistirán no fresado e rehabilitación do firme nas zonas deterioradas da estrada nacional N-634 entre os citados puntos.

Entre os principais traballos cabe destacar:
– Fresado e reposición do firme da N-634 emendando os tramos en peores condicións.
– Rehabilitación superficial do firme coa extensión dunha capa de rodadura de microaglomerado en frío.
– Repintado de marcas viais e balizamento do citado tramo da N-634.

Iso permitirá unha mellora das condicións do tramo da N-634 máis utilizado nos accesos a Mondoñedo dende a A-8 tanto no sentido Lugo-A Coruña, coma en sentido Oviedo.

Exit mobile version