A praia de Las Catedrales e os seus ámbitos é un libro de 160 páxinas con outras tantas fotografías e textos (en galego e castelán) dedicados aos principais atractivos turísticos da provincia de Lugo, nun percorrido que empeza no famoso areal ribadense coñecido como As Catedrais e que finaliza na Ribeira Sacra, concretamente nos Canóns do Sil. Está prologado pola prestixiosa xornalista viaxeira Esther Eiros (lucense afincada en Barcelona, dende onde presenta e dirixe o programa Gente Viajera, en Onda Cero Raio).
A publicación foi editada grazas á colaboración das institucións, empresas e colectivos que confiaron neste proxecto, que é unha realidade dende o pasado 18 de xullo. Ese foi o día que saíu da imprenta e nesa mesma xornada xa se puxo á venda na Feira do Libro de Ribadeo, na caseta da libraría ribadense Vivín. Cinco días despois, o 23 de xullo, tivo lugar a súa presentación nun acto celebrado no Parador de Turismo de Ribadeo. O 16 de agosto Beni Mántaras e Carmen Cruzado asinaron exemplares na Feira do Libro de Viveiro, concretamente na caseta da libraría Lector Nobel, de Burela. E o 29 de agosto La praia de Las Catedrales e os seus ámbitos foi presentado na Feira do Libro de Foz.