Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP burelés continuará nesta semana coa súa ronda de reunións con veciños.

altAiPU625DbBm9j_8rAsmLcQwCvSr6Srnr8x-2uxu768UZBurela, a 24 de novembro de 2014.- Durante esta semana, o alcalde de Burela, José María González Barcia, xunto con membros do seu equipo de goberno e da dirección local do Partido Popular, continuará a ronda de reunións con veciños polos distintos barrios da localidade. Neste caso, a reunión (a quinta desde que os populares comenzaran esta ronda hai tres semanas) será este vindeiro martes día 25, ás oito da tarde, no barrio de O Campón, en concreto no Mesón do Poeta.

Desde a Xunta Directiva local afirman que “as reunións están sendo mui positivas, con asistencia de veciños por riba do habitual, e con interese dos asistentes en cuestións tan importantes coma a ampliación do Hospital, o acceso ó porto ou a incidencia do Plan Xeral de Ordenación na contribución urbana”.

Asimismo, os asuntos máis próximos e directos, que afectan directamente ós barrios, centran o interés da cidadanía: “é algo totalmente lóxico e natural, indican desde o goberno local, ainda que os veciños saben que procuramos que as cousas do día a día se resolvan con celeridade e non se eternicen”.

Os populares manifestaron que “nestas reunións estamos explicando a nosa xestión e escoitando suxerencias e críticas; en todo caso, as reunións son en positivo, escapando en todo momento de referencias a outras siglas e centrándonos exclusivamente na nosa faceta de goberno municipal por un lado, e de partido históricamente máis votado por outro”.

Nos próximos días celebrarase a sexta e derradeira reunión desta ronda, no barrio do Porto, día e local por concretar.

Exit mobile version