Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP dá por feito a rotura do pacto de Goberno do Valadouro

O Valadouro, 29 de novembro de 2014.- O presidente e portavoz do Partido Popular do Valadouro, Jose Manuel Lamela, dá por feito a rotura do pacto de goberno local logo de que o pasado venres nacionalistas e Udival uniran os seus votos aos dos PP para rexeitar en Pleno os orzamentos municipais para 2015.

O popular salientou que en menos de ano e medio, o novo goberno xa se desfixo, como consecuencia das continuas liortas e enfrontamentos que teñen protagonizado polo que non dubidaron en cualificar este tempo como un período de parálise e desgoberno.

O PP reta a nacionalistas e independentes a dar conta ante os veciños das razóns polas que votaron en conta destes orzamentos e os motivos que lle levan a romper o pacto de goberno.

POSTURA DO PARTIDO POPULAR
Os populares xustifican o seu voto en contra das contas locais para o ano próximo insistindo en que os orzamentos son a planificación económica do goberno, e que eles farían as cousas doutra maneira. No PP queren un Valadouro distinto, como de feito demostraron cando estaban gobernando, cando había un goberno estable, que traballaba todos os días por Valadouro, que tiña unhas contas saneadas, ata o punto de que recibiron a mellor herdanza. “En catro días demostrouse que nunca tivemos un goberno” -concluíu Lamela.

Exit mobile version