Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela reúnese este luns cos veciños de Os Castros

O alcalde e o seu equipo de goberno, xunto con membros da directiva local do PP de Burela, continúan a súa rolda de reunións con veciños polos distintos barrios da localidade, co fin de explicar as actuacións que afectan ó Hospital da Costa, o acceso ó porto, a nova escola infantil, ou a baixada de impostos.

Este luns 17 de novembro a reunión será no Bar Abrente, no barrio de Os Castros, ás 20.00 horas. Desde o PP de Burela invítase á cidadanía a asistir, para que coñezan de primeira man as actuacións que se están levando a cabo e tamén as previstas, e para que poidan preguntar por asuntos do seu interese ou expoñer as críticas que consideren oportunas.

Esta é a terceira das reunións previstas, ás que haberá que engadir outras tres que se celebrarán nos vindeiros días e que se anunciarán en breve.

Exit mobile version