Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Mondoñedo iniciará unha rolda de reunións con asociacións e entidades para coñecer as preocupacións e aportacións do rural e do casco

Mondoñedo 22 de novembro de 2014.- A voceira do PP de Mondoñedo, Elena Candia, anunciou hoxe que o partido iniciará unha rolda informativa e de contactos con asociacións, entidades e agrupacións de persoas tanto do casco urbano como do rural.

Durante estas xuntanzas, os populares explicarán o seu traballo e escoitarán as preocupacións e aportacións dos veciños; co obxecto de manter un partido vivo, con gañas de seguir a traballar.

Así o puxo de manifesto a voceira durante a reunión de afiliados celebrada hoxe na Casa da Xuventude; onde tamén anunciou que o popular manterase coma un partido aberto.

Neste senso, a popular invitou a todos os afiliados a participar nas reunións que se manterán o segundo sábado de cada mes, ás 20:00 horas, na Casa da Xuventude.

Exit mobile version