Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Mondoñedo pídelle ao Concello o arranxo dos bancos do parque infantil do Seminario

banco-seminarioMondoñedo, 29 de novembro de 2014.- O Partido Popular de Mondoñedo rexistrou un rogo no que solicita o arranxo ou cambio dos bancos de madeira localizados no parque infantil do Seminario.

Os populares lembran que esta zona acaba de ser restaurada de xeito desinteresado, a iniciativa da Asociación Xuvenil Xoldra, coa colaboración de veciños, dos que dende o PP de Mondoñedo agradecen o seu traballo e compromiso local.

Neste senso, os populares reproban a actitude do goberno local por non involucrarse neste proxecto e pídenlle que actúe de xeito inmediato e leven a cabo a actuación solicitada xa que o estado que presentan os bancos entraña inseguridade e perigosidade para os usuarios do parque.

Por último, dende o Partido Popular de Mondoñedo aseguran que este tipo de detalles se converten en novos exemplos do abandono ao que está sometida a localidade por parte do equipo de goberno local. “Dende que o PSOE e o BNG gobernan a localidade, vivir en Mondoñedo tornouse máis caro, incómodo e incluso inseguro”.

Exit mobile version