Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Ribadeo iniciará unha rolda de xuntanzas para informar do PXOM cando estea publicado no DOG e BOP

Ribadeo, 27 de novembro de 2014.- O presidente do PP de Ribadeo, Jesús López Penabad, anunciou este xoves que a formación política inicia unha ronda de xuntanzas para informar do Plan Xeral de Ordenación Municipal cando este se publique no DOG e BOP.

Os populares percorrerán as parroquias ribadenses e explicaranlle aos veciños o recen aprobado plan. Ditas xuntanzas comezarán tan pronto coma o documento estea publicado no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da Provincia.

López Penabad lembra aos veciños que a sede dos populares en Ribadeo estará aberta para calquera dúbida ou consulta tódolos mércores de 19.30 a 21.30 horas.

Exit mobile version