Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro lamenta a deixadez do Goberno Local polo abandono da rúa Granxas na parroquia de Covas

O PP de Viveiro, unha vez máis, ven de recibir as queixas dos veciños da rúa Granxas de Covas, en concreto dos que viven na zona donde está situada a Farmacia, como consecuencia da situación lamentable na que se encontra esta rúa, que presenta un gran número de fochancas, o que provoca que cando chove se volva intransitable, en especial para os viandantes. Esto acontece así desde xa fai tempo, motivo polo que o PP de Viveiro o vimos denunciando, tanto a través dos medios de comunicación como nas sesions plenarias.

Ás queixas anteriormente mencionadas, súmanse agora as provocadas polo socavón de mais dun metro cadrado aproxidamente, localizado desde hai días, no medio desta rúa Granxas e que a única actuación que se fixo sobre el foi botarlle un pouco de area e sinalizar o perigo con conos. Por isto, “pedimos a Delegación de Obras do Concello, que ademais de tapar algunhas das fochancas con aglomerado, busque solucións a este socavón da mencionada rúa Granxas en Covas”.

Exit mobile version