Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro pide a adhesión á central de contratación da FEMP

D. JAIME DE OLANO VELA, viceportavoz do Grupo Municipal do Partido Popular e no seu nome, ao amparo do establecido no artigo 97 do Reglamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presenta para a súa discusión e, no seu caso aprobación, no próximo Pleno Ordinario a seguinte

MOCIÓN SOBRE ADHESIÓN Á CENTRAL DE CONTRATACIÓN DA FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS -FEMP -.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A Federación Española de Municipios puxo en marcha a denominada Central de Contratación da FEMP, que consiste nun instrumento de contratación de subministros, obras e servizos.

Coa Central de Contratación, os Concellos adheridos terán a opción de contratar determinados servizos con aqueles provedores que ofrezan un mellor prezo á Central e, parece obvio, que un conxunto de municipios (xa se superaron as 300 adhesións) poderá obter un prezo máis competitivo que si se negocia de forma individual.

Así mesmo, a través deste instrumento, a FEMP pon a disposición dos Concellos adheridos o servizo de asesoramento xurídico derivado da contratación destes servizos así como a axilización dos protocolos administrativos, elaboración dos pliegos de contratación, etc. o que sen ningunha dúbida reportará un aforro de tempo, e recursos humanos ao noso Concello.

Por outra banda, esta adhesión en ningún caso implica a obrigación de contratar co provedor seleccionado pola Central de Contratación, de forma que se respecta ao 100% a autonomía do Concello.

Creemos que este instrumento pode ser especialmente interesante en contratos como o de fornezo eléctrico, telefonía, seguros de responsabilidade civil, danos, etc. E en todos aqueles poidan carrexar importantes aforros nos custos para o Concello o aproveitarse dos beneficios das economías de escala.

Por todo o exposto,

O Grupo Municipal do Partido Popular somete á aprobación do Pleno do Concello de Viveiro o seguinte acordo.

1. Aprobar a Adhesión á Central de Contratación posta en marcha pola Federación Española de Municipios e Provincias así como a súa notificación a esta.

2. Facultar á Sra. Alcaldesa para realizar os trámites que puidesen ser necesarios para a adhesión.

Exit mobile version