Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP esixe a Besteiro que responda a súa petición do pasado pleno e revele a cantidade económica que pagou a unha empresa

Lugo 29 de novembro de 2014.- O grupo provincial popular esixe a Gómez Besteiro que responda a súa pregunta e revele a contia económica que pagou a unha empresa.

Os populares rexistraron o 19 de novembro unha pregunta que levaron á pasada sesión plenaria, preguntándolle a Gómez Besteiro pola contia económica ascendente ao importe total das facturas emitidas por unha empresa.

O Secretario Xeral do PSdeG e presidente da Deputación de Lugo, vulnerou a lei e non respondeu a súa petición; escudouse en ampararse no segredo sumarial, algo que aos populares lle sorprende.
Critican os populares a actitude contradictoria do Secretario Xeral do PSdeG e presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, quen en Santiago actúa dunha forma e en Lugo de outra totalmente diferente; mentras no Parlamento está afanado en pedir explicacións aos demáis, na Diputación de Lugo, négase a dalas cando se lle piden.

O grupo provincial popular considera que este veto conleva oscurantismo por parte de Besteiro, algo que lles preocupa e os leva a seguir pedindo explicacións.

Exit mobile version