Site icon Crónica3.com A Mariña

O Praias de Barreiros FS enfróntase ó Talleres Vilaboa

O Praias de Barreiros FS disputará o próximo sábado o seu segundo partido como local na Liga Provincial Masculina de Lugo.

O conxunto barreirense estreouse na competición cunha victoria fronte ó CD Cubelas FS (5-0) e viu como na segunda xornada se suspendía o seu encontro en Samos polos problemas provocados pola choiva no pavillón.

A pesares de contar cun partido menos, os de Toni Novo seguen ocupando o primeiro posto da liga, unha posición que buscarán manter esta fin de semana.

Enfrente estará outro debutante na categoría como é o Talleres Vilaboa. Os da capital lucense aínda non conseguiron sumar ningún punto.

O encontro está fixado para o sábado 15 de novembro, ás 18.30 horas, no Pavillón Municipal de Barreiros.

Exit mobile version