Site icon Crónica3.com A Mariña

O Presidente da Deputación convoca para o luns un Pleno Extraordinario respondendo “coa máxima axilidade”

O Presidente responde coa máxima axilidade á petición deste venres do Partido Popular e convoca un Pleno Extraordinario para o vindeiro luns, 1 de decembro, ás 20.00 horas. É a primeira data posible para a celebración da sesión plenaria, posto que dende que se solicita teñen que pasar 48 horas de días hábiles para poder convocala, tal e como establece o Regulamento Orgánico da institución, aprobado por unanimidade. O PP pediu o pleno este venres ás 13:30 horas. O prazo mínimo para a súa convocatoria sería o luns a partires de dita hora. Hai que ter en conta que tamén o luns ás 17:00 horas terá lugar o Pleno ordinario do Concello de Lugo, no que participará Gómez Besteiro como membro da corporación local.

En menos dunha semana, será a segunda vez que a Deputación de Lugo informe sobre actuacións xudiciais que atinxen á institución, transparencia sen precedentes noutras administracións galegas. O Presidente compareceu, voluntariamente, no Pleno do pasado martes, detallando toda a información e respectando, tal e como obriga a lei, o segredo sumarial.

Gómez Besteiro defende que “as comparecencias deben facerse con total normalidade, transparencia e sen ánimo de ocultar ningún tipo de información”.

Exit mobile version