Site icon Crónica3.com A Mariña

Ollomao, de Barreiros, no Outono de Teatro de Alfoz

ollomaoO “Outono de Teatro” de Alfoz finalizou coa representación da obra “Oé, oé, oé!!!”, a cargo do grupo de teatro Ollomao, de Barreiros. Foi este pasado sábado, día 15 de novembro, na nosa Casa da Cultura. Tres afeccionados ó fútbol que van animar á selección española discuten e reflexionan sobre a vida mentres acampan agardando a que comece a venda de entradas para o partido. Unha aguda reflexión sobre a inconsistencia de certos actividades humanas, como a do fútbol, que enche as nosas vidas sen ter en realidade moita importancia. Ollomao axudounos a pasar un rato divertido e a pensar sobre detalles importantes da nosa existencia. Así remata por este ano o teatro de outono en Alfoz, pero a vida segue e o teatro tamén, pois seguirán futuras representacións na nosa Casa da Cultura.

Exit mobile version