Site icon Crónica3.com A Mariña

Os Aventados impulsan a tradicional festa de inverno no porto de San Cibrao

O Concello de Cervo e Os Aventados patrocinan e organizan os actos culturais da tradicional festa de inverno no porto de San Cibrao.

San Andrés, chegou a ter máis importancia histórica que O Carmen, por dúas razóns. A flota estaba amarrada e as súas xentes en terra. A costeira do bonito deixara importantes cantidades de diñeiro nos fogares.

Para recordar tal efeméride en torno á capela e Hospital de peregrinos de San Andrés, creado no século XVII polo presbítero Varela, celebraremos os seguintes actos.

Sábado 29. Auditorio da Casa da Cultura ás 20.00 horas
– Proxección das lecturas do Quixote que se viñeron realizando durante 2014, e así celebramos o día do Quixote na Mariña.
– Concerto do grupo de acordeóns do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro

Domingo 30. Auditorio da Casa da Cultura ás 20.00 horas.
– Concerto a cargo da BIG_BAND de Foz.

O seu programa comprende a música das grandes orquestas como Glenn Miller, Frank Pourcel, Beny Gutman, Louis Armstrong.

Exit mobile version