Site icon Crónica3.com A Mariña

‘Os cartos son débeda’, primeiro documental do ciclo de O Tesón sobre concienciación social

A primeira proxección do ciclo de documentais da AVV O Tesón no outono de 2014 coa temática de concienciación social será ‘Os cartos son débeda’ (47 min.) este venres 21 de novembro a partir das
20.00 horas na Casa do Mar de Ribadeo.

Os cartos reprodúcense como animais nunha granxa. Ese proceso de reprodución son os préstamos. Quen o controla, controla o fluír dos cartos, e hai tempo que os cartos controla a sociedade.

E, por certo, cando debes, parte do que fas non é no teu proveito, para ti, tendo que producir máis para outros, para eses cartos creados por repordución. Ó contrario do que ocorre cos impostos, onde produces para todos, aproveitándote tamén a ti.

… E máis, porque iso é śo o comezo, ata chegar a… que os cartos son promesas (moitas veces incumpridas) ó xeito das razóns do dito ‘obras son amores e non boas razóns’.

Documental baseado en ilustracións e explicacións, presenta unha das caras ficticias do mundo hoxe, aceptadas como reais de xeito inconsciente. Mais, o ficticio non pode cambiarse? E se substituímos o ficticio polo real?

Exit mobile version