Site icon Crónica3.com A Mariña

Os celestes deixan marchar 3 puntos nunha mala segunda parte en Laracha

O Ribadeo non puido continuar na súa liña de vitorias e encaixou unha derrota en Laracha ante un rival duro, pero que se mostrou incómodo para ofrecer o seu xogo ofensivo. Os celestes adiántabase no marcador cun tanto do pichichi Santi, mentres os locais non conseguían chegar á porta de Javi Liz.

Pola contra, e despois dunha boa primeira metade, os de Vilachá e Germán Campos saíron ao terreo de xogo máis relaxados que os rivais que logo conseguiron empatar o encontro. E en menos de 10 minutos, os de Oróns poñeríanse por diante con gol de Dani Bea de novo. O Ribadeo buscou o empate con Rafa e Isma, pero os locais aínda tiveron ocasións para aumentar a diferencia no electrónico.

Cun 2-1 no marcador, os celestes deixaron escapar 3 novos puntos que lles permitirían durmir coma líderes da Terceira. Nembargantes, descenden ata a quinta posición con 23 puntos -os mesmos que o Arousa, cuarto e a 2 do Cerceda e o Choco que encabezan a táboa. O Pontevedra suma 13 puntos nos últimos 5 partidos e colócase terceiro con 24.

A vindeira xornada, os celestes reciben no Pepe Barrera ó colista, o Bertamiráns.

Exit mobile version