O presumir de que Viveiro ten unha serie de servizos que o fan un referente, certamente é recoñecer as acertadas aínda que xa alonxadas actuacións dos gobernos do Partido Popular, pois de todo o que dí ningunha son logros das políticas ou gobernos socialistas, nin unha.
Ese “disco duro” que heredou debea de despistar bastante, o que tampouco resulta moi extraño. Sra. Alcadesa quero recordarlle que a gardería municpal construiuse e finalizouse nunha etapa anterior ós gobernos de “retroceso”; o novo Concello tamén se iniciou anteriormente, deixándose asinado un convenio polo que a Xunta aportaba 400 millóns das antiguas pesetas, co que vostedes só tiveron que proseguir co xa programado; o Conservatorio xa levaba funcionando 20 anos antes de que vostedes chegaran; a Piscina Municipal, outro tanto do mesmo,; a seguridade mantense, pero non gracias precisamente a vostedes, senón a pesar de vostedes, que no seu momento votaron en contra de iniciativas como a de construir o cuartel da Garda Civil ou a implantación da Garda Civil do Mar. Non podo tampouco resistirme a lembrarlle quen logrou a construcción da actual Comisaría de Policía.
Pero aínda resulta máis sangrante que vostede faga alusión ó Porto Deportivo, Porto do que perderon a Concensión, provocandolle ó Concello unhas perdas millonarias, ó igual que perderon a concesión da zona dotacional da estación de autobuses e do antiguo Halley, o que lle supón o noso concello unhas pérdidas avaliadas en máis de catro millóns de euros. Esta é a súa gran xestión, non somentes non fixeron nada nestes doce anos, senón que ata teñen desperdiciado as oportunidades que se lles brindaban.
O por en valor empresas como López Pigueiras, Electromecánicos, Puerto de Celeiro, o Parque Industrial e sobre todo VESTAS, gustariame decirlle que nin contribuiron a potenciar esas empresas, nin contribuiron a axudarlles, nin siquiera a otorgarlles as licenzas de construcción e menos mal, porque si chegan a facelo agora poderiamos estar falando de actuacións como a licencia de ampliación de VESTAS no 2009, licencia ilegal que agora teñen que anular e pola que están imputados os membros da Xunta de Goberno Local que a otorgaron, por esta e polo outorgamento de 14 máis, todo un record de eficiencia e corrupción urbanística.
A gota que colma o vaso é que vostede se lamente de que non teñamos variante en Viveiro, cando os únicos responsables deste desaguisado son os grupos que en todo momento se teñen oposto a esta actuación, PSOE, BNG, IVI e EU, que teñen boicoteado de forma continua esta obra que era a primeira prevista pola Xunta de Galicia do tramo San Cibrao-Ferrol, pero como é costume nalgúns protagonistas da política local, unhas veces votan un trazado e outras outro, segundo veña o vento e a época electoral e así estamos sen variante, pero Sra. Alcaldesa, pola súa culpa e a de quenes a apoian neste asunto.
Pero en algo si hai que darlle a razón á Sra. Alcaldesa de que somos un referente, somos un referente en que é o Concello con menor inversión de toda a provincia e somos un referente en conflictividade xudicial, con máis de 300 asuntos nos xulgados, pagando millóns de euros en sentencias perdidas, con prácticamente todo o equipo de goberno e anteriores concellais imputados, cunha inactividade e indolencia nunca vistas, en isto sí que desgraciadamente somos un referente. Visto o visto non albergamos ningunha esperanza de cambio, salvo un xiro electoral que volva a poñer a Viveiro no lugar que lle corresponde.
En Viveiro a 28 de novembro de 2014
Fdo. Antonio J. Bouza Rodil.
Voceiro do PP de Viveiro.