Site icon Crónica3.com A Mariña

Os populares de Viveiro preguntarán en Pleno polos semáforos e farolas do municipio

Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Sra. Alcaldesa da Corporación, as seguintes preguntas sobre as que desexa obter no próximo Pleno, a correspondente resposta, ben sexa oral ou por escrito.

1) Na sesión plenaria do 6 de marzo de 2014, este grupo municipal nun rogo dirixido á Alcaldesa pediamoslle que se dera prioridade á reparacion de todas as anomalías que presentaba a rúa de acceso ó antiguo colexio público de Covas. A resposta que se nos deu foi que tiñan a idea de sustituir nun tramo o alcantarillado, poñer recollida de augas e pavimentar a zona. Transcurridos nove meses dende aquela as obras non están feitas e a día de hoxe esta rúa non esta igual de mal, senón peor . Por este motivo lle preguntamos á Alcadesa:

– Teñen pensado acometer estas obras tan necesarias ?
– En caso afirmativo, en que data prevén comenzalas?
– Cal é o tramo que se vai a facer?

2) No paseo marítimo de Covas, á altura do parque infantil, hai un tramo de farolas de fundición – en concreto oito – que levan algúns meses sin funcionar. Por esta razón lle preguntamos á Alcaldesa:

– Que motivos hai para que estas farolas non funcionen?
– Teñen prevista a súa reparación inmediata ?

3) Este grupo municipal e outros grupos, temos preguntado en pleno pola situación dos semáforos situados fronte á Cruz Vermella en Viveiro e nos Catro Camiños en Celeiro, como consecuencia de que levan máis dun ano sin funcionar con normalidade, por eso lle preguntamos á Alcaldesa:

– Cando teñen previsto arranxar estes semáforos para mellorar a seguridade nestas zonas ?

Exit mobile version