Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Burela acusan ó equipo de goberno de “escaquearse dos cumprimentos e obrigas”

O alcalde de Burela, co visto e prace do resto dos membros do equipo de goberno, permitiu traballar a unha empresa doce días (do 1 ó 12 de agosto) para o concello, sen que existira formalización de contrato necesario para a realización dun servizo de prevención e defensa contra incendios.

De esta actuación, tremendamente irresponsable, fomos sabedores lendo os informes que os técnicos elaboran para documentar os puntos tratados nos plenos. Nesta ocasión para o pleno extraordinario urxente que se celebrou o pasado mércores día 12 de novembro.

Xa é coñecida a costume de este alcalde en convocar plenos extraordinarios urxentes, que demostran unha maneira de gobernar e xestionar improvisada e valeira de contido e programa, e que serven basicamente, para arranxar problemas derivados do seu mal facer, e non para atender os verdadeiros intereses e preocupacións dos veciños de Burela.

Para este pleno extraordinario o alcalde levou, para a súa aprobación, o recoñecemento extraxudicial de créditos, que non é outra cousa que recoñecer o pago de facturas que non dispoñían de partida orzamentaria cando se comprometeron os servizos ou cando se remataron.

As facturas a recoñecer son para pagar a dúas empresas, unha de servizos de prevención e defensa contra incendios (comentada máis arriba) e outra de construcións e canalizacións que realizou unha obra do POS do ano 2013.

O recoñecer estas facturas por este método, extraxudicial, evidencia unha actuación grave e irresponsable do equipo de goberno co alcalde á cabeza. Por un lado os informes dos técnicos manifestan reparos e indican anomalías no procedemento ( traballar sen contrato) e por outro maniféstase grave proceder do equipo de goberno na xestión das partidas orzamentarias: os servizos que realizaron estas empresas están subvencionados total ou parcialmente e deben contar con partida económica específica.

Os reparos dos técnicos demostran que as partidas específicas non existían e tamén demostran que o alcalde toma as decisións sen soporte avalado, amosando a súa modulación coas monarquías absolutas.

Este tipo de actuacións nesta lexislatura non son novidade e por iso o Grupo Municipal Socialista solicitou a dimisión de todos os membros do equipo de goberno.

GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA. BURELA

Exit mobile version