De novo o programa “Parolando” de Radio Burela converteuse en escenario de debate político. Neste caso o tema era a asombrosa irrupción de PODEMOS na vida política española. E para iso no programa participaron 4 representantes dos tres Círculos de PODEMOS máis destacados da Mariña Lucense: Antonio Gregorio (de PODEMOS de Ribadeo), David Lareo (de PODEMOS de Burela) e Corpas e Aitor López (de PODEMOS de Viveiro) fronte a 3 representantes dos 3 partidos políticos tradicionais que veñen exercendo o goberno dos concellos na Mariña: José Manuel Balseiro (do PP), Ismael Rego (do PSOE) e Ana Ermida (do BNG). Os representantes de PODEMOS presentaron a súa formación política diante dos radiooíntes e logo, nunha segunda parte do programa, os representantes dos outros partidos fixeron comentarios críticos, entrándose ó final nunha serie de réplicas e contrarréplicas por parte dos diversos grupos.