Site icon Crónica3.com A Mariña

Pedir perdón é fácil

Rajoy, un ano logo do de Bárcenas, pide perdón ao seu xeito. Aguirre, dous anos logo da Gürtel, pide perdón á súa maneira. Feijoo, logo dos casos de Santiago, cursos que cobravan os seus e non se davan e alcaldes corruptos e implicados no mal goberno, séntese indignado, como os do 15-M, e pouco lle falta para afiliarse a Podemos.

Mentres ala por os Madriles viron as orellas ao lobo e empezaron a suspender de militancia aos imputados , levan moitos anos mirando para o outro lado e a merda xa esta cegando o pescozo e orellas da masioria dos “paganos deste estado corruptoe nada edificante nin exemplar.

Os dirixentes populares aseguran estar indignados cando en realidade están imputados. Indignados estamos nós. Raro paréceme que os popes do pepé non acusen xa aos xuíces de ser sicarios de Pablo Iglesias porque están remando contra a corrupción institucional a trancas e barrancas.

Aguirre e Rajoy o mesmo día que sabiamos da última operación xudicial contra a corrupción, na que están implicados varios alcaldes do PP e un do PSOE por unha nadería de 250 millóns de euros, en unha “Audiencia” de por ahí adiante xulgaban a tres pringaos por falsificar billetes por un montante de 3.000 euros, unha cantidade que gañan moitos políticos por unha reunión vespertina dun só día nos consellos de administración desas empresas estratéxicas ás que conducen as portas xiratorias.

É o que acaba de denunciar o xefe dos xuíces, Carlos Lesmes, que non parece que sexa un antisistema, tanto e asi que foi un alto cargo nos tempos mais duros de Aznar. A nosa lexislación penal, decimonónica, está feita para perseguir aos robagaliñas, non aos ladróns de camisola branca con diñeiro negro. O que rouba para comer pode ir ao cárcere. O que o fai a esportas para o seu lucro millonario, con pedir perdón xa o ten si logo reza un padrenuestro e tres avemarías. Xa sabemos que ao noso registrador da propiedade en excedencia gústalle facer as cousas como deus manda, e como fai anos me decia un guineano amigo: “Ser catolico e moi facil, fas o delito vas o confesionario e despois de un rezo xa estas perdoado”.

Otero Regal.

Exit mobile version