Site icon Crónica3.com A Mariña

Performance en Ribadeo contra o machismo

performance-ribadeoRibadeo, 25 de novembro de 2014. O pavillón vello de Ribadeo acolleu a performance FormándoNOS contra o machismo. Ata alí se trasladou por mor da chuvia a actividade organizada polo Concello e o CIM, coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade e do Fondo Social Europeo, para conmemorar o día internacional contra a violencia de xénero e na que se deron cita rapaces e rapazas dos centros de ensino da vila, que estiveron acompañados polos seus mestres, pola concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, e polo alcalde, Fernando Suárez, entre outros.

Xa esta tarde tivo lugar na sala Sonda Norte, da Casa da Xuventude, a charla impartida por Branca Nazaré Guerreiro, orientadora do CPI López Suárez de Friol sobre Coeducación. Como combater o sexismo desde os centros educativos. Na xornada de onte, luns, houbo outra charla a cargo de de Goreti Sanmartín, profesora da Universidade da Coruña, sobre Linguaxe non sexista.

Os actos seguirán o vindeiro sábado, 29 de novembro, cunha performance ás 17.30 horas, organizada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade, e que se desenvolverá simultaneamente en Viveiro, en Mondoñedo e en Ribadeo.

Exit mobile version