A sala multiusos da Casa do Concello de Viveiro acollerá a vindeira semana un planeta-rio que poderá ser visitado polo público infantil. Este actividade, organizada polo Concello de Viveiro en colaboración coa Fundación La Caixa, permanecerá aberta ao público do 18 ao 23 de novembro de 2014. Os centros educativos poden organizar visitas ao planetario, en horario de mañá, solicitando cita previa; pola tarde, o planetario estará aberto de 17:00 a 19:00 horas, o acceso será libre e as proxeccións realizaranse cada media hora cando se reúna un mínimo de 12 nenos.