Site icon Crónica3.com A Mariña

Podemos Burela agarda ter unha oportunidade para explicar a súa liña

Respecto dun comentario que enviaron a un dos membros ó Círculo Podemos Burela, a organización di:

– O medo a perder o control do cotián crea rexeitamento ante a posibilidade de cambio.

– Podemos Burela cada día ten máis diversidade tanto no cultural como no racial, xa que somos plurais na totalidade do significado.

– Respecto dos comentarios sobre ditaduras bolivarianas e que por moito que queiran foron declaracións feitas sen responsabilidade política, quero deixar claro que noso círculo podemos en Burela rexeitamos calquera tipo de opresión, xenofobia, abusos e condenamos aos terroristas.

“O noso círculo está formado para chegar a ser unha ferramenta pública, unha ferramenta coa que Burela se autoxestione e poida volver á vida. Tanto para o meu como para moitos dos membros do círculo Podemos Burela que crecemos aquí, vimos o esquecemento xeracional polo noso pobo, o esquecemento laboral no que o pobo caeu, o esquecemento no que os nosos gobernantes quixeron que caiamos para poder facer do meu pobo, o noso pobo, o que quixeron. PERO ISO VAISE A ACABAR!!!”, explica o Tach.

– Espero e só como respecto cara a un grupo de persoas que estamos intentando con esforzo ser parte dun cambio a mellor, que non fagamos discursos embrollosos nos que malamente se atisba traza de locuaz intelixencia no trato obxectivo cara a un grupo que, ata agora e así continuaremos, non teremos que tirar de recursos literarios de baixo poder prosaico para facer de menos a outros/as.

“E logo deste pseudo discurso, agradezo aos que me lean que nos dean unha oportunidade de explicar a liña de Podemos Burela”.

Exit mobile version