Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentado oficialmente o clube de atletismo de adultos das ED Lourenzá-Mondoñedo

exterior fotoLourenzá, 22 de novembro de 2014.- Presentouse oficialmente o novo clube de atletismo de adultos integrado dentro das Escolas Deportivas Lourenzá-Mondoñedo pero cunha autoxestión propia. O novo clube leva o nome de Atletismo Lourenzá e conta cunha directiva propia integrada por cinco membros: Karina Álvarez (presidenta), Rubén Méndez (secretario), Marisa Ares (tesoureira), Marta Sánchez e Jose Gavin (como vocais).

Este novo clube partiu dunha afección común entre pais que tiñan aos seus respectivos fillos xa dentro da sección de atletismo de nenos, e pouco a pouco foise forxando a idea de formar un clube propio adherido ás propias escolas, nun principio formado por estes pais e pouco a pouco coa incorporación de novos membros (sen fillos nas ED) que se foron animando a formar parte desta iniciativa. Son na actualidade 25 membros, coa esperanza de acadar un número cada vez maior, e a súa máxima é practicar o deporte que lles gusta, transmitir aos nen@s a posibilidade de desfrutar cunha actividade deportiva, e converter todo isto nun “acto social”.

A presentación tivo lugar este venres no salón de actos do Concello de Lourenzá coa presenza da alcaldesa, Emma Alvarez Chao, compañeira ademais de equipo, e do presidente das Escolas Deportivas Lourenzá-Mondoñedo. Ademáis estiveron presentes os principais patrocinadores da sección, e posteriormente acudiuse ó bar Morrigan, onde os agardaban uns pinchos.

Exit mobile version