Site icon Crónica3.com A Mariña

Primeira derrota das viveirenses na liga provincial feminina diante dun dos aspirantes ó título

O Friol impúxose as locais (0-3) nun partido con dous tempos ben diferenciados, xa que na primeria metada as Viveirenses non souberon romper a presión das visitantes, apoiadas na súa superioridade física, o que facía que as locais cometeran moitas imprecisións no pase e apenas inquedaran a porteria de Jesica. Froito desto foron os dous goles visitantes aproveitando os erros no pase das viveirenses.

O paso polos vestiarios foi aproveitado polas viveirenses para correxir erros e propor unha defensa a 15 m., que se lles atragantou as friolenses, as cales xa non atopaban os espacios que as locais lles concederan na primeria metade cunha defensa mais adiantada, o que facía que as xogadoras do Frutas Jose recuperaran mais rápido a posesión do balón e crearan perigo diante da meta de Jesica, que nesta segunda metade foi a xogadora visitante mais destacada, impedindo coas súas intervencións que as locais recortaran diferencias. No último minuto o Friol pechaba o partido acadando o 0-3.

O vindeiro fin de semana o Frutas Jose desprazarase a Guitiriz para xogar contra o equipo local, o partido será as 17.00 no pavillón municipal de Guitiriz.

Ficha técnica
Frutas Jose.: Diandra, Nerea, Mery, Anna y Andrea. Tamén xogaron.: Nuria, Marta, Rocio, Rosana, Bea e Laura

Friol.: Jesica, Sabela, Lara, Lucia e Ana. Tamén xogaron.: Patricia e Natalia

Goles.: 0-1 Lara (min 12) 0-2 Lara (min 20); 0-3 Lucia (min 49)

Exit mobile version