Site icon Crónica3.com A Mariña

RegalCerámica participa no I Encontro Empresas Concellos ExpoCoruña

encontro-empresasEntre o 26 e o 28 de novembro celebrarase nas instalacións de EXPOCoruña a primeira edición do Encontro entre Empresa e Concellos promovida pola Deputación da Coruña. Dun tempo cara aquí, a administración local está fronte a unha nova etapa de modernización. O entorno do goberno local foi cambiando paulatinamente nos últimos anos e aínda queda camiño por percorrer xa que están a xurdir novas situacións que demandan respostas creativas e innovadoras. RegalCerámica aproveitou o encontro pensado para que poidas dar a coñecer os teus produtos e servizos innovadores e prácticos que redunden nunha mellor xestión e prestación de servizos cara a cidadanía. Durante o transcurso foi visitado o Stand polo Vicepresidente da Xunta, os alcaldes de A Coruña e Ferrol, asó coma outras autoridades.

Exit mobile version